Asigno axunta experiencia e innovación para lograr o resultado desexado: a maior recuperación no menor tempo posible, optimizando os custos para os nosos clientes.
Asigno xestionou nos últimos 10 anos:
Unha xestión eficaz só se logra se é unha xestión integral. E unha xestión integral só se pode lograr con eficacia. Por iso, ASIGNO.
Asigno axunta experiencia e innovación para lograr o resultado esperado polos nosos Clientes.
A xestión de cada carteira é exclusiva. Traballamos nun ambiente multidisciplinar, combinando a xestión xudicial e a extraxudicial.
A combinación dos nosos medios humanos e a tecnoloxía adaptada ás necesidades dos nosos Clientes permítennos conseguir unha meta: resultados.
Na recuperación de débeda son os números os que deben falar.
O amplo abano de servizos e a capacidade de adaptación ás esixencias concretas dos clientes, permítenlle á nosa Compañía prestar un servizo de calidade asumindo:
En ASIGNO prestamos soporte nos procesos concursais nos que os nosos clientes son acredores, asesorando aos mesmos desde un punto de vista xurídico e económico, cun único obxectivo: a recuperación dos seus créditos co menor custo e no menor tempo.
Os profesionais de Asigno axuntan un gran coñecemento xurídico e unha ampla experiencia concursal, ao que se suma o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas específico para esta materia para o adecuado control do proceso e dos datos económicos de interese para os nosos clientes.
Dende o ano 2004, Asigno representou a distintos acredores ENTIDADES FINANCEIRAS, GRANDES COMPAÑÍAS E FONDOS DE INVESTIMENTO en máis de 10.000 concursos, intervindo en máis de 2.500 Incidentes Concursais.
Cada PROCESO CONCURSAL é único. Os nosos profesionais analizan a posición do cliente acredor de maneira individualizada, en contacto con todos os operadores que interveñen nun proceso desta natureza. Só así é posible un resultado positivo.